Música e baile tradicional galego.
Sen escenario.
Sen aviso.
Troula na Rúa é unha acción dinámica que leva a música e o baile tradicional galego directamente ás rúas de distintos puntos do Concello de Ortigueira. Trátase dunha experiencia pensada para achegar a cultura popular á cidadanía dun xeito espontáneo, festivo e participativo. As actuacións anúncianse con antelación pero non se revela a súa ubicación exacta.
A proposta consiste nunha pequena actuación itinerante que reúne música, baile tradicional e interacción co público, creando un ambiente próximo e animado. Para reforzar a experiencia, complétase cun posto de venda de merchandising oficial da asociación.
“Troula na Rúa” é unha acción pensada para sorprender, dinamizar espazos públicos e achegar o folclore galego á vida cotiá das persoas.